O Concello de Baiona informa da apertura do prazo para renovar a licenza de venda ambulante nos postos do mercado de Sabarís. As persoas titulares dos postos do tradicional mercado dos luns dispoñerán de dous meses para renovar as súas autorizacións, do 1 de outubro ao 30 de novembro.
A solicitude da renovación, así como a presentación da documentación esixida na ordenanza de venda ambulante deberán formularse durante este período.
A solicitude pódese descargar da páxina web do Concello de Baiona www.baiona.gal (para máis información poñerse en contacto no número de teléfono 986 35 67 79 ). As solicitudes deberán presentarse na data indicada por rexistro de entrada do Concello en horario de 9:00-14:00h, ou pola Sede electrónica(www.baiona.gal ).
Aquelas persoas interesadas deberan cubrir a solicitude anexa a continuación e presentala no rexistro do concello ou a través da sede electrónica do Concello de Baiona:
1.-MODELO DE RENOVACION PERSOA FISICA OU XURIDICA PARA 2023
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal