Houbo un tempo no que se percibía o paddle surf como un deporte extremo, pero o poder da táboa, lonxe de supor un perigo, serve agora como terapia, hobby e práctica deportiva para traballar a intelixencia emocional, e consegouir beneficios non só físicos, senón tamén sociais. Así ocorre na Praia Ladeira, onde as persoas participantes no Proxecto “Vincúlate”, nenos, nenas e adolestecentes poidan entrar ao mar e aproveitar as súas vantaxes.
Co fin de mellorar as habilidades sociais cada neno ou nena foi tutorizado e contou coa axuda doutro dos seus compañeiros ou compañeiras de maior idade participantes no proxecto, todo iso baixo a supervisión e indicación dun monitor exporto na modalidade de Paddle Surf. Tamén estiveron acompañados polos cans cos que comparten as terapias deste pioneiro proxecto.
Esta nova actividade forma parte do Proxecto “Vincúlate” posto en marcha polo Concello de Baiona desde o departamento de servizos sociais a través do Servizo de educación e apoio familiar municipal en colaboración cos departamentos de orientación dos distintos centros educativos de Baiona. O seu obxectivo é promover a melloría das distintas funcións e concretamente das sociais, emocionais e cognitivas así como proporcionar pautas saudables de comunicación.
“Esta modalidade deportiva é perfecta xa que estás no medio natural desenvolvendo unha actividade lúdica e traballando a intelixencia emocional”, subliña o Alcalde, Carlos Gómez Prado. “Estas sesións de paddle surf teñen efectos positivos porque lanzarse ao mar vén moi ben tanto aos pequenos e pequenas como aos adolescentes para interactuar co medio ambiente, o sol, a auga, o salitre e as ondas”. E destaca que “ son sesións moi entrañables, que favorece as súas relacións sociais con otra s persoas e a súa intelixencia emocional, ademais de ser un momento de goce que sorprende até aos seus propios pais, que serven como indicador del vos beneficios desta actividade en todos as persoas participantes do proxecto, un total de 27”, finaliza.
Realizado por: Marta González Pérez
Técnica de Comunicación
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal