CORTE DE TRÁFICO SÁBADO DA ANUNCIADA
O Concello de Baiona, a través da Xefatura da Policía Local, realizará o sábado 3 de agosto pola noite,un corte de tráfico e desvíos do mesmo con motivo da tirada de fogos de artificio prevista para ese día ás 00:00h. desde a praia Ribeira durante as festas en honra á Virxe da Anunciada.
O corte de tráfico levarase a cabo no intervalo horario que vai dende ás 23:00 horas do día 3 ata ás 00:30 horas do día 4 de agosto.
O corte ABSOLUTO do tráfico rodado na PO-552, a travesía que cruza a vila, realizarase desde a rotonda do Porto Pesqueiro (PK. 16’400) ata a rotonda do “Villa Rosa”. Este tramo da vía converterase en peonil durante as Festas Patronais da Anunciada para dar maior seguridade ao público asistente.
O operativo de PRE-SINALIZACIÓN na PO-552 con desvíos alternativos será en dirección VIGO– BAIONA:
– Na rotonda da autoestrada en Sabarís
– Na rotonda do “Persígueme”
– Na rotonda de “Puga”
En dirección A Guarda – BAIONA:
– Na rotonda de Baredo
–Na rotonda do “Villa Rosa”
A desviación da circulación de vehículos durante o período sinalado efectuarase polos viais da EP 2201(subida a Baíña), EP 2202 (subida á Virxe da Roca), EP 2203 (subida a Baredo) e viais secundarios.
O acceso ao Parador Conde de Gondomar, Monte Real Club de Iates e Aparcadoiro da Palma, realizarase pola rontonda do Villa Rosa.
Desde o Concello de Baiona faise un chamamento á colaboración da veciñanza e de todas aquelas persoas que se acheguen a Baiona para gozar das festas en honra á Virxe da Anunciada para que o operativo de tráfico desenvólvase da mellor xeito posible, solicítase prudencia á hora de circular pola zona e pídense desculpas ás persoas afectadas polas molestias que poida ocasionar o operativo.
Este corte é necesario para garantir a seguridade do público asistente xa que se prevé unha gran afluencia, polo que debemos velar pola seguridade na vía pública.