A Concellería de Igualdade do Concello de Baiona abre o prazo para solicitar praza para participar na Escola de Verán 2022.
A actividade está dirixida a nenos e nenas nados entre o ano 2010 e 2018. Ademáis deberá acreditarse unha das seguintes circunstancias: Unha das persoas proxenitoras ( nai/titora ou pai/titor) debe estar empadroada no municipio con data anterior a esta convocatoria (non e necesario acreditalo. O Concello de Baiona verificará que a nai ou pai das persoas menores para as que se solicita praza están empadroadas no municipio); Que a neno ou nena para o que se solicite praza este escolarizado/a no curso escolar 2021-2022 nun centro educativo de Baiona ou que o pai, nai, titor, titora do/da menor para a que se solicita praza, traballe ou posúa un negocio en Baiona. En caso de familias monoparentais deberá traballar o pai, nai titor/a que estea a cargo do/a menor.
O programa desenvolverase ao longo do mes de xullo, de luns a venres de 8:00 a 15:00h. no CPI Covaterreña e no CEP de Sabarís, salvo festivos. Haberá flexibilidade no horario de entrada (de 8:00 a 9:15h. ) e no horario de saída (de 13:45 a 15:00h) sempre que se sinale na solicitude.
A Escola de Verán 2022 do Concello de Baiona é un programa que ten como obxectivo xeral “facilitar ás familias do municipio un recurso para conciliar a vida laboral, persoal e familiar, establecendo un servizo sociocomunitario que mellore a calidade de vida do territorio, potenciando ademais a optimización de recursos a través da utilización dos centros educativos municipais fóra do horario lectivo”.
As persoas interesadas en participar na convocatoria deberán presentar a solicitude de inscrición (Anexo I) debidamente cumprimentada e asinada, xunto coa documentación requirida de acordo co artigo 12, no rexistro de entrada do Concello de Baiona de luns a venres en horario de mañá, , ou a través da sede electrónica do Concello de Baiona, O prazo para presentar a solicitude é dende o xoves 5 de maio ata o venres 20 de maio ámbolos dous incluídos. No caso de solicitudes presentadas pola Sede Electrónica, éstas poderán presentarse en calquera hora ou día durante a vixencia do prazo de solicitudes ata o venres 20 de maio ás 14:00 horas.
O Programa é cofinanciado polas familias participantes, polo Concello de Baiona e pola Deputación de Pontevedra a través do Plan Concellos 2022 ( Liña 2 ).
A continuación, poderá consultar e descargar as bases que rexen a convocatoria do Programa de Conciliación Escola de Verán e a solicitude inscrición (Anexo I):
Bases que rexen a convocatoria do Programa de Conciliación Escola de Verán
Realizado por: Marta González Pérez
Técnica de Comunicación
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal