O aparcadoiro municipal do Aral aumentou nun 68% a cifra de abonados no primeiros seis meses do ano 2021 debido á ordenanza que rebaixou as tarifas, ao pasar de 221 a 372 abonos mensuais.
O aparcadoiro de O Aral conta cun total de 711 prazas e tras varios reaxustes no prezo el goberno municipal aprobou definitivamente a rebaixa nas cotas mensuais cunha ordenanza na que se recollen grandes rebaixas nas tarifas.
O abono mensual de 24 horas para todo o ano redúxose case un 40% e pasó de 52 euros a os 32 actuais. Todo iso co fin de dar un impulso ao aluguer de prazas entre os residentes e ofertar un servizo alcanzable a aqueles que non dispoñen de garaxe propio, como ocorre en gran parte das vivendas do centro histórico. A gran rebaixa no abono 24h atraeu a un 70% máis de abonados nesta tarifa de xaneiro a xuño de 2021, pasando de 187 a 317 persoas.
O diúrno, que permite deixar o coche de 7.00 a 22.00 horas, cuesta 28 euros, mentres que as motos pagan 20 euros ao mes. O diúrno experimentou un aumento de 12% neste período. Precisamente este atractivo prezo para os vehículos de dúas rodas propiciou un aumento nos abonos del 200% pasando de 9 abonados a 27.
O concelleiro encargado da xestión da instalación municipal, Óscar Martínez, sinala “que coa aprobación desta ordenanza o que queriamos é converter o aparcadoiro nun servizo público útil para os baioneses e baionesas”. Tamén explica que” a resposta dos cidadáns está a ser positiva e incrementouse de forma notable o uso das instalacións tras asumir reducir o concello as tarifas”.
Pola súa banda o Alcalde, Carlos Gómez, indica que coa aprobación da nova ordenanza que ofrece importantes reducións nas tarifas o que o goberno baionés quixo é “ofrecer un servizo público de calidade e que beneficie o máximo posible a todos os baioneses e baionesas xa que os veciños e veciñas tiveron que afrontar unha débeda de catro millóns de euros pola mala xestión do goberno anterior”. E finaliza que “coa rebaixa de tarifas búscase que a veciñanza salga o máis beneficiada posible”.
O establecemento costou 4 millóns de euros ás arcas municipais, tal e como resolveu a xustiza tras o preito con Sofranda. O Concello de Baiona tivo que facer fronte a diversos pagos: realizou o primeiro, de 2 millóns, o pasado xullo. O segundo, de 1 millón, abonouse ao finalizar 2020 e o terceiro, o millón restante, terase que abonar antes de setembro de 2021.
Así mesmo o rexedor lembra, que “ Todos os veciños e veciñas do municipio poderán gozar dunha hora de aparcadoiro gratis todos os días do ano (tamén sábados, domingos e festivos ) os doce meses do ano”.
Realizado por: Marta González Pérez
Técnica de Comunicación
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal