O día grande das celebracións é o próximo xoves, 20 de xullo, día en que se honra a Santa Liberata. O luns, 17 de xullo, iniciarase a novena na Capela de Santa Liberata, media hora antes da misa das tardes a excepción de sábados y domingos, días nos que se celebrará a misa na Igrexa Parroquial.
O propio día da Ilustre Paisana de Baiona, 20 de xullo, ás 11:00 horas celebrarase unha primeira misa na Capela de Santa Liberata.
Pola tarde, ás 20:00 horas celebrarase a Misa Solemne na Igrexa Parroquial de Santa María de Baiona cantada polo coro parroquial. Acto seguido terá lugar a procesión acompañada polo grupo de gaitas “A Seneira” e a Banda de Música de Baiona.
Unha vez finalizada a procesión os baioneses, baionesas e visitantes poderán venerar a reliquia da Santa.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal