O Concello de Baiona subscribiu a súa colaboración para a acollida e prestar axuda humanitaria ás familias procedentes e Ucraína tras formalizar a súa inclusión no programa coordinado pola Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) en colaboración coa Secretaría de Estado de Migracións do Ministerio de Inclusión Social, Seguridade Social e Migracións .
Neste sentido, o Alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, reuniuse está mañá coa Presidenta da ONG “Ayuda al Mundo Necesitado”,Juana Alonso Alonso, e coa Concelleira de Servizos Sociais, Concepción Vara Rodríguez, para organizar o desenvolvemento das accións para levar a cabo.
Á espera de indicacións máis precisas da FEGAMP, a ONG local, comezará a próxima semana a recollida das seguintes doazóns: Alimentos non perecedoiros, Medicamentos precintados (data sen caducar) e Roupa de abrigo. Nos próximos días informarase, seguindo as directrices da FEGAMP, datas e horarios de apertura ao público para facer as entregas.
O rexedor de Baiona, coñece o ofrecemento dalgúns veciños da vila para acoller nas súas casas refuxiados ucraínos, e, sabedor da solidaridade da vecidad da vila, “fai un chamamento de colaboración ordenado para facilitar o traballo tanto a ONG como os organismos e entidades participes”.
“Quedamos ao dispor da Subdelegación para que se nos indique os mecanismos para poñer en marcha e para que se nos faga saber a maneira de canalizar a axuda ou colaboración do concello e o pobo de Baiona”, comenta o alcalde da localidade quen deu traslado desta disposición para colaborar con Ucraína á Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), que onte daba un paso á fronte para canalizar a axuda humanitaria dos concellos galegos dentro da coordinación determinada polo Goberno do Estado en colaboración coa Xunta.
Realizado por: Marta González Pérez
Técnica de Comunicación
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal