O Concello de Baiona continúa co seu plan para mellorar a iluminación pública da localidade. Nese sentido, procedeuse á substitución das luminarias do vial da estrada principal de acceso á localidade, desde a rotonda que dá inicio á Avenida Urbana de Sabarís ata a rotonda do monumento do Rey Alfonso IX.
Está a procederse á substitución de 58 puntos de luz do vial por tecnoloxía LED de alta calidade fabricada en Galicia, cunha resistencia especial á climatoloxía e á salitre mariña. As obras da iluminación están a levarse a cabo nestes días con fondos propios e con persoal do concello.
O Concelleiro, Óscar Martínez, á fronte da concellería de iluminación pública, destaca que “O estado actual da rede de iluminación pública está totalmente desactualizada, existindo unha gran cantidade de lámpadas de gran consumo. Neste caso en concreto, había 58 luminarias cun consumo de 200 W que se están substituíndo por unhas cun consumo unitario de 88 W. O cambio a tecnoloxía led ten como obxectivo conseguir unha iluminación de maior calidade, unha maior eficiencia enerxética e un aforro de enerxía”.
O Alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, destacou que o obxectivo é seguir coas melloras enerxéticas no municipio e dar continuidade á instalación de tecnoloxía led. Así se mellorará a eficiencia enerxética, substituíndo as luminarias desfasadas existentes por outras con mellor rendemento que supoñen un consumo de enerxía máis reducido e respectuoso co medio ambiente. Esta actuación busca unha mellora para os usuarios diarios deste vial e para o Concello, que logrará reducir o consumo de electricidade ata un 70% e reducir o gasto da luz que soporta o concello mensualmente”.
Esta nova substitución de luminarias por tecnoloxía Led súmase á actuación realizada o paso mes de decembro no vial da estrada a Camposantos, desde a rotonda da saída a autoestrada en Rocamar ata o Rompeolas, onde se substituíron 42 puntos de luz.
Realizado por: Marta González Pérez
Técnica de Comunicación
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal