A corporación municipal de Baiona concentrarase ás 19:30 horas deste luns na praza do Concello onde se gardará un minuto de silencio en memoria de Beatriz Lijó Gesteira, veciña de Baiona, que foi presuntamente asasinada pola súa parella na noite deste domingo.
O corporación local decreta tres días de loito oficial en memoria de Beatriz Lijó Gesteira e, unha vez máis, quere mostrar a súa máis rotundo rexeitamento e repulsa á violencia de xénero.
Durante os días de loito, 6,7 e 8 de febreiro (hoxe, mañá e pasado mañá), as bandeiras ondearán a medio mastro en sinal de duelo.
Desde o Concello de Baiona queremos manifestar a nosa absoluta condena ante este asasinato e mostrar todo o noso apoio, solidariedade e condolencias aos familiares da vítima. En especial o noso corazón está cos seus dous fillos pequenos.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal