
Desde a empresa concesionaria do servizo integral da auga GESTAGUA indican que a posible causa da contaminación sería o último episodio de precipitacións.
Ante estes resultados, e seguindo o protocolo establecido para garantir en todo momento a protección da saúde pública, o Concello procedeu a adoptar as correspondentes medidas preventivas neste areal, mantendo temporalmente prohibido o baño ata que os novos controis analíticos confirmen que as augas volven reunir as condicións sanitarias esixidas.
O Concello continuará informando á cidadanía de calquera novidade que se produza e agradece a colaboración e comprensión de veciños e visitantes ante unhas medidas que teñen como único obxectivo garantir a seguridade e a protección da saúde das persoas usuarias das praias.
Concello de Baiona





