O Concello de Baiona continúa co seu plan para mellorar a iluminación pública da localidade. Nese sentido, procedeuse á substitución de todas as luminarias do vial da estrada a Camposancos, desde a rotonda da saída a autoestrada en Rocamar ata o Rompeolas, por tecnoloxía LED, para así conseguir unha iluminación de maior calidade, unha maior eficiencia enerxética e un aforro de enerxía.
Está a procederse á substitución das 42 luminarias do vial por tecnoloxía LED de alta calidade fabricada en Galicia, cunha resistencia especial á climatoloxía e á salitre mariña. As obras da iluminación están a levarse a cabo nestes días por Formatesa Lali SL, a empresa adxudicataria. As melloras supoñen un investimento de 11.188,00€.
O estado actual da rede de iluminación pública está totalmente desactualizada, existindo unha gran cantidade de lámpadas de gran consumo. Neste caso en concreto, había 42 luminarias de 250 W. Máis a reactancia que se están substituíndo por unhas de tecnoloxía led cun consumo unitario de 108 W.
Pola súa banda o Concelleiro responsable da iluminación pública, Óscar Martínez Álvarez, destacou que “Esta actuación busca unha mellora para os usuarios diarios deste vial e para o Concello, que obterá un menor consumo e unha redución de avarías”.
O concelleira engade que “Ademais do importante aforro que terá o Concello de Baiona na súa factura eléctrica, as luminarias LED teñen unha vida útil de 50.000 horas (fronte ás 2.000 horas dunha lámpada estándar). A súa longa vida útil repercute nun aforro substancial tanto en gastos como en esforzos de mantemento. Esta vantaxe convértea na alternativa máis barata e eficaz para iluminacións públicas ”.
O Alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, puxo en valor este gran investimento coa que se logra “reducir as emisións de CO2, a contaminación lumínica, potenciar a iluminación pública nunha das vías de acceso ao núcleo de Baiona por outro máis eficiente e con mellor rendemento, e reducir o consumo da electricidade en ata un setenta por cento, así como o gasto da luz que soporta o Concello mensualmente”. Gómez agradece o traballo levado a cabo polo concelleiro.
Realizado por: Marta González Pérez
Técnica de Comunicación
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal