Tras anos sen poder celebrarse debido ás restricións sanitarias derivadas da pandemia, o encontro das persoas maiores do Concello de Baiona regresa en 2023 o vindeiro xoves 13 de abril.
O Concello de Baiona encóntrase inmersa nos preprarativos deste encontro e xa está a enviar as cartas por correo postal aos veciños e veciñas do municipio. Desde a administración local anímase ás persoas maiores de 65 anos empadroadas no Concello de Baiona a participar nunha xornada de convivencia, que volve celebrarse tras o parón da pandemia. A xornada comezará ao mediodía cunha misa na Ex-Colexiata e, desde alí, as persoas participantes serán trasladadas en autobuses ata o restaurante Rocamar onde poderán gozar dun xantar de irmandade con baile.
O Alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, sinala que “desde o Concello de Baiona, iniciamos esta proposta, entendendo que os nosos veciños e veciñas que desfrutenn da xubilación deben ser recoñecidos como o piar onde nos sustentamos o resto da poboación e que grazas a todos e todas, podemos gozar da nosa vila. É por elo que teño o pracer de convidalos a este encontro para mostar o noso agrademeneto e que teñan a oportunidade de reencontrarse unha vez máis”. O rexidor finaliza destacando que “puxemos altas doses de ilusión e agarimo na súa organización nesta xornada de convivencia na que os nosos veceños e veciños máis maiores poderánse reencontrar tras estos duros anos de pandemia”.
O vindeiro martes 4 de abril en horario de tarde ábrese o prazo de inscrición
As persoas maiores de 65 anos interesadas en participar na comida de convivencia deberán recoller ás invitacións no Hall do Concello de Baiona, en horario de 16:00 a 18:00 horas, a partir do vindeiro martes 4 de abril, o 5, o 10 e o 11 deste mes, maís tarde desta data non se dará ningunha invitación. Tamén poderán acudir a xornada as parellas por matrimonio ou convivencia dunha persoa maior que cumpre con estes requisitos e así figuran no Padrón Municipal. Será necesario presentar o DNI.
A entrega de invitacións farase ata completar o aforo do restaurante de 650 comensais. Unha vez superado dito aforo farase unha lista de reserva por orden de inscrición.
Autobús desde as parroquias
O Concello de Baiona pon a disposición das persoas interesadas un servicio de transporte dende as distintas parroquias do municipio. Así mesmo, se anotará as persoas que farán uso do autobús, e dende que parroquia. Os que vaian en cohe propio, lembren que o resturante estará pechado ata que cheguen os autobuses.
Programa
A partir das 11:30h os das parroquias de autobuses pasarán a recoller as persoas polas paradas habituis das parroquias de Baredo, Baíña, Belesar e Santa Cristina da Ramallosa.
Ás 12:30H Misa na Igreza Ex-Colexiata de Baiona.
Ás 14:00h Xantar de Irmanadade con baile.
Ás 19:00h Finalizará o baile e sairán os autobuses de regreso ás parroquias.
Non se farán reservas por teléfono.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal