O Concello de Baiona en colaboración coa ONG “Ayuda al Mundo Necesitado”, pon en marcha desde hoxe, luns día 7 marzo, ata o día 12 deste mes, a recollida anunciada estes días: alimentos non perecedoiros, medicamentos precintados (con data sen caducar), roupa de abrigo (incluídas mantas ou edredones) en perfecto estado.
Rógase, que a roupa solicitada estea en optimas condicións de hixiene.
Así mesmo, faise un chamamento a quen poida doar caixas de cartón e cinta adhesiva para posterior embalaxe.
O horario de recollida na sede da ONG (Praza de abastos de Baiona, Camiño Entrehortas, 3ª Planta).
Será:
LUNS, MARTES, XOVES, VENRES E SÁBADO: 16:00 h. a 19:00 h.
O MÉRCORES : 8:00 h. a 12:00 h. e de 16:00 h. a 19:00 h.
Ao mesmo tempo e por realizar a recllida coa mellor organización, sen interferir á veciñanza, o Alcalde Carlos Gómez, solicita de todas as persoas que queiran colaborar tenten ser o máis precisas e ordenadas na súa disposición.
Agradece, a vontade de todos e todas na solidariedade manifestada.
O Concello de Baiona subscribiu a súa colaboración para a acollida e prestar axuda humanitaria ás familias procedentes e Ucraína tras formalizar a súa inclusión no programa coordinado pola Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) en colaboración coa Secretaría de Estado de Migracións do Ministerio de Inclusión Social, Seguridade Social e Migracións.
Así mesmo recordamos que se algunha persoa está interesada no acollemento de persoas desprazadas polo conflito debe porse en contacto cos Servicios Socias do Concello de Baiona a través do seguinte número de teléfono: 986385926, no que se indicará como proceder.
A Secretaría de Estado de Cooperación Internacional traslada as seguintes vías de canalización de aportacións económicas a ONG e orgonismos internacionais despregados no terreo:
. Coordinadora española de ONGD:
. Llamamiento de la Federación Internacional de la Cruz Roja y la Media Luna Roja y del Comité Internacional de la Cruz Roja:
https://www.icrc.org/es/movimiento-cruz-roja-llamamiento-asistir-personas-afectadas-conflicto-ucrania
. La Oficina de las Naciones Unidas para la Coordinación de Asuntos Humanitarios(OCHA):
https://www.unocha.org/ukraine/about-uhf
. Agencia de Naciones Unidas para los Refugios (ACNUR):
https://eacnur.org/es/crisis-ucrania?&tc_alt=75572&n_o_pst=n_o_pst&n_okw=acnur%20ucrania_e__c_142473150868&gclid=Cj0KCQiA95aRBhCsARIsAC2xvfxGwi-URttyz1prVNdVyQ0y9lCUlgOlfxXdyYZjWB3NPC1yw7VCZVoaAqxREALw_wcB
Realizado por: Marta González Pérez
Técnica de Comunicación
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal