
Esta noite iluminouse de verde o Concello de Baiona para dar visibilidade ás Enfermidades Mitocondriais e mostrar o noso apoio a todas as persoas afectadas e ás súas familias.
Con este xesto, queremos unirnos á iniciativa #LightUpForMito e contribuír a dar voz a quen convive cada día con estas enfermidades pouco frecuentes, así como recoñecer o importante labor de @AEPMI_mitocondrial durante a Semana Mundial das Enfermidades Mitocondriais.
Porque iluminar os nosos edificios de verde é tamén iluminar unha realidade que moitas veces permanece invisible. É sensibilizar, concienciar e lembrar que detrás de cada diagnóstico hai unha persoa, unha familia e unha historia que merece ser escoitada.
Hoxe Baiona hase tinguido de verde para reivindicar máis visibilidade, comprensión, investigación e apoio para as persoas con enfermidades mitocondriais.
Concello de Baiona





