A parroquia baionesa de Baredo prepárase para acoller o 1, 2 e 3 de xullo as festas de celebración en honra á súa patroa a Virxe de A Cela.
A actuación estelar dos festexos será as das irmás Salazar, o sábado día 1 pola noite. A xornada do sábado comezará pola mañá coa actuación da charanga Vaite Xá. Pola noite, gran verbena a cargo da orquestra Principal e a actuación de Azúcar Moreno.
O domingo día 2, ás 13:00h oficiarase a Misa solemnde en honra á Virxe de A Cela cantada pola Coral de Baredo, seguida da procesión acompañada pola Banda de Música Municipal de Baiona. Ao finalizr os actos litúrxicos, comezará o tradicional Baile da Danza das Espada. Xa pola tarde, o campo de fútbol de Val de Martín, acollerá o partido de solteiros contra casados. Pola noite, a verbena correrá a cargo da orquestra A Travesía e o grupo Rítmo. Ás 00:00h, gran tirada de lumes de lucería.
O tradicional luns de “A Cela” haberá pasacalles da Banda de Música Val Miñor. Ás 12:00h, Misa solemne cantada pola Coral Polifónica de San Lorenzo de Belesar, seguida da procesión acompañada pola Banda de Música Val Miñor. Ás 17:00h terán lugar as cucañas e pola noite gran verbena a cargo da orquestra Gran Parada e o trío 3.Com.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal