Apenas unhas horas de estrear o outono, e ante as previsións metereolóxicas adversas con ventos de racha elevados, a concellería de festexos toma a decisión de trasladar todos os actos previstos para o mércores 25 ao venres 27 de setembro agás a actuación do grupo Ritmo que por problemas de axenda non poderá estar.
O xoves 26 o programa se mantén inalterable con toda a programación prevista para o festivo local coa saída da procesión na honra de San Cosme e San Damián sempre que o tempo acompañe e permita honrar aos Santos como se merecen. Deste xeito, a Romaría pasa a celebrarse o xoves 26 e venres 27 de setembro disfrutando dunha das Romarías máis senlleiras e tradicionais de Baiona.
Rexistráronse un total de 15 tenderetes individuais de productos característicos do outono como a mel, os cósmeticos naturais, as velas, as castañas, as noces, churros, pulpo e carne o caldeiro que estarán ubicados en Santa Liberata. Ademáis uns 45 postos propios de artesanía, antigüidades, rosquillas, pan, figos, bisutería, libros, etc que estarán ubicados nas rúas Marqués de Quintanar dende a Glorieta de Colón ata a praza de Santa Liberata.
Tamén estará presente un stand divulgativo do proxecto RURALtXA da Universidade da Coruña e a Fundación Hazi que amosará a conservación da biodiversidade en zonas rurais como o Monte da Groba así como os productos gandeiros e turísticos da contorna.
A concellería de festexos ve incrementado así as solicitudes con respecto a outros anos, facendo un balance positivo das inscripcións e desexando que o tempo dé unha tregua á Romería de San Cosme e San Damián 2024.
Concello de Baiona