O Concello de Baiona oferta de forma gratuíta unha charla-taller de educación canina mañá, 1 de outubro, no Campo de fútbol da Ladeira, entre as 11:00 e as 14:00 horas.
A programación inclúe unha charla-taller sobre educación canina, veterinaria e sobre a protectora de animais “Vos Biosbardos”. A jiornada finalizará con sorteos entre as persoas asistentes e cunha exhibición canina.
O obxectivo desta iniciativa é a concienciación na tenencia responsable, fomentando a idea de que o can é un membro máis da familia. Todo iso a través dunha actividade ao aire libre para ensinar os aspectos básicos da educación canina.
Desta forma, preténdese previr problemas de comportamento, dar pautas aos asistentes sobre educación canina,veterinaria e dar a coñecer a protectora Vos Biosbardos. Todo iso co fin de facilitar a convivencia do animal na súa familia e en sociedade.
Dentro da programación tamén se contempla unha parte práctica para a cal é necesaria a inscrición previa a través do 6341506018. Todas aquelas persoas rexistradas na parte práctica faráselles entrega dun pack de produtos de can e tamén entrarán nos sorteos dun lote de produtos de can.
Baixo o lema “ Un animal tranquilo e ben educado será mellor acollido en Sociedade” Lara Martínez Martínez impartirá este interesante taller no que desbelará os segredos para unha boa educación e convivencia cos nosos amigos de catro patas.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal