O Alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, e a Concelleira de Igualdade, Sheila González Martíns, achegáronse esta mañá ata o Multiusos Ángel Bedriñana para dar a benvida as mulleres baionesas participantes no programa Capacitadas, unha iniciativa destinada a activar o emprego entre as mulleres do municipio proganizada a través do Centro de Información á Muller.
Trátase “dunha acción formativa gratuíta para que as mulleres baionesas se preparen para traballar en Atención ao público, un pérfil bastante solicitado na localidade e na comarca”.
O programa desenvolverase en forma de itinerario formativo cun total de 150 horas, incluíndo obradoiros de sensibilización en igualdade e empoderamento para o emprego con perspectiva de xénero, ata prácticas formativas non laborais en empresas, pasando pola formación teórica práctica que inclúe formación de inglés básico.
O programa vai dirixido a mulleres desempregadas ou en mellora de emprego.
Todas as accións que se porán en marcha dentro do proxecto desenvolveranse a modo de itinerario formativo que comprenderá as seguintes fases:
– Formación teórica en atención ao público ( 35 horas)
– Inglés básico ( 20 horas)
– Sesións de apoderamento para ou emprego con perspectiva de xénero ( 15 horas)
– Prácticas formativas non laborais en empresas ( 80 horas )
O programa Capacitadas está subvencionado pola Deputación de Pontevedra no marco das axudas dirixidas a concellos de menos de 20000 habitantes da provincia de Pontevedra para o fomento da igualdade de oportunidades e a prevención da violencia de xénero.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal