
A praza do Concello de Baiona acolleu este mércores, 2 de setembro, ás 20:00h. a concentración convocada pola FEMP( Federación Española de Municipios e Provincias) a favor de Ceuta, coincidindo coa celebración do Día de Ceuta.
A portavoz municipal, Ruth Álvarez González, leu un manifesto en apoio a Ceuta e á súa cidadanía. Un acto de solidariedade para facer visible o apoio de Baiona a Ceuta.
Centos de persoas acudiron á convocatoria e a praza do Concello quedou pequena para acoller á xente. O Alcalde estivo acompañado na concentración polo seu equipo de goberno.
Durante a súa intervención a portavoz destacou que “Ceuta é unha parte irrenunciable do noso país. Éo pola súa historia, polo Dereito e a vontade libre e democrática dos ceutíes, que xeración tras xeración expresaron a súa identidade española e o seu compromiso con España e cos valores da nosa Constitución”.
Concello de Baiona





