A Casa da Navegación de Baiona conta nas súas instalacións cunha nova peza de alto valor grazas á entrega por parte de dúas cuidadanos baioneses dunha áncora lítica. Trátase dunha áncora de granito de procedencia submarina que foi recuperada dos fondos mariños do municipio, concretamente da zona da Carral en Cabo Silleiro, o pasado mes de novembro polos mariscadores José M. Durán Vicente e Iván González Rodríguez. A peza foi descuberta polo mergullador Iván González mentres faneaban ao ourizo.
A peza en cuestión ten dous buracos polo superior atábase o cabo e os buracos inferiores eran para pasar unhas uñas de madeira, elementos co que se agarraba no fondo. Ao ser de material perecedoiro, estas uñas non se conservaron. Recoñécense varios modos de colocalos: simplemente encaixadas a presión, fixadas con pequenas cuñas no bordo ou mesmo apuntamos a posibilidade de ningunha fixación a maiores, posto que a madeira mollada seareira, o que impediría que se soltase, e o feito de ter un pouco de folgura evitaría a súa rotura no caso de que se produza un tirón do barco.
Desde o Museo sinalan que este tipo de pezas eran outilizadas por navegantes desde a protohistoria, fenicios e púnicos, anteriores aos romanos, en embarcacións de madeira semellantes á representada no petróglifo de Auga dous Cebros (Santa María de Oia). Ambos os elementos (áncoras líticas e petróglifo de barco) son exemplo da navegación antiga polas nosas costas desde fai máis de 3000 anos.
En canto ás dimensións da áncora, ten 65 cm de l argo; un ancho máximo 35 e mínimo de26; un espesor de 15,5 e un peso de 60Kg.
O Alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, e a concelleira de Cultura, Miriam Costas Iriarte, quixeron agradecer a José M. Durán Vicente e Iván González Rodríguez esta achega, que foi rexistrada xa nos inventarios e catálogos do Museo, deixando constancia da súa procedencia para calquera estudo no cal se mencione esta peza.
O Alcalde destacou a doazón, xa que “é grazas á vontade e sensibilidade de persoas como José M. e Iván que se estuda, restáurase e ponse en valor unha parte da nosa historia para o goce públicou. Esta peza contribuirá a ter unha visión máis ampla do que foi a historia mariñeira de Baiona”.
Coñécense máis de cen exemplares localizados en as costas galegas pero é a primeira destas características nesta zona.
A áncora lítica atopada no mar por J. Manuel e Iván xa loce na exposición da Casa, acompañada do debuxo do barco de Pedornes pois ambos están próximos no tempo. A riqueza histórica deste territorio vén de lonxe.
Este venres 7 de maio celebrouse o 820 aniversario da fundación de Baiona e para celebrar esta efeméride desde o concello elixiuse este fin de semana tan especial para escenificar a doazón da áncora lítica. Tamén para conmemorar esta data a Casa da Navegación de Baiona proporcionou a entrada libre e unha visita comentada polas súas instalacións ás 12.00 para a cal foi necesario apuntarse, debido ás condicións de aforamento.
Realizado por: Marta González Pérez
Técnica de Comunicación
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal