A Concellería de Igualdade do Concello de Baiona, a través do Centro de Información á Muller, puxo en marcha no mes de novembro o programa “Emprégate desde a Igualdade” para mellorar a inserción socio laboral das mulleres. Esta iniciativa, promovida de forma conxunta co Instituto das Mulleres e para a Igualdade de Oportunidades, busca incrementar a empleabilidad das mulleres mellorando as súas expectativas e a súa calidade de vida.
Dirixido a 16 mulleres desempregadas, o programa desenvólvese de forma presencial en dous grupos a través dun itinerario integrado e personalizado, con accións de apoio e acompañamento ao proceso de inserción laboral. Co fin manter as medidas de prevención ante a COVID19 e atendendo ás necesidades de conciliación familiar e persoal das participantes, establecéronse que os dous grupos asisten de luns a venres en horario de 09.00 hs a 13.00 hs. .
Mediante o traballo grupal participativo e tutorías individuais, o programa consta de varias fases, unha inicial onde se fomenta a autoestima e confianza das participantes para que se convertan en protagonistas do seu propio proceso de inserción, xunto a unha segunda ao redor de información e asesoramento para definir o perfil profesional, expectativas e oportunidades. O programa, que se desenvolve a través dun itinerario integrado de inserción, atópase neste momento nesta segunda fase de execución onde se orienta ás participantes para definir o seu perfil profesional. A mediados de abril dará comezo a acción formativa “Actividades Auxiliares de Comercio” cun total de 210 horas e que, co fin de promover un achegamento práctico ao mercado laboral, inclúe prácticas no comercio e empresas da zona.
De forma simultánea, as participantes no programa, realizan outras accións formativas que lle permiten mellorar a súa empregabilidade e estar máis preparadas para afrontar o mercado de traballo. O programa ten unha duración de 8 meses.
A Concelleira de Igualdade do Concello de Baiona, Yasmina Moreira Costas, destaca: “É fundamental mellorar a empregabilidade das mulleres, neste escenario de pandemia, cansanzo e falta de oportunidades laborais, o desenvolvemento deste programa axuda a tecer redes entre as mulleres de Baiona, mellorando a súa autoestima, formándose en diversidade de campos e ofrecéndolles unha oportunidade na iserción laboral do municipio”.
Realizado por: Marta González Pérez
Técnica de Comunicación
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal