Con motivo da festividade da Virxe do Carme, Patroa dos mariñeiros, a Igrexa de Santa María de Baiona, acollerá este domingo 16 de xullo ás 20:00h, unha Misa Solemne cantada polo Coro de Hopmes “Voces Baionesas”.
A continuación, terá lugar a procesión polas rúas do Casco Antigo da Vila, seguido do tradicional baile da Danza das Espadas e da actuación da Banda de Música de Baiona.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal