O alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuíña, da a coñecer a nova estrutura do Equipo de Goberno e a repartición de áreas entre os seus 11 concelleiros e concelleiras.
Repartición de Concellerías:
Policarpo Vilar Misa: Concellería de Cultura e Accesibilidade. Primeiro Tenente de Alcalde.
José Ángel Bahamonde Rodríguez: Concellería de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Patrimonio. Segundo Tenente de Alcalde.
Ruth Álvarez González: Concellería de Medio Ambiente, Xardíns, Festexos e Xuventude.
Ana María Iglesias Rodríguez: Concellería de Deportes, Política Social e Asociacionismo.
Gonzalo Pérez Barreiro: Concellería de Vías e Obras.
Sheila María González Martíns: Turismo e Igualdade.
Nuria Leyenda Gómez: Concellería de Educación.
José Manuel Rodríguez Fernández: Concellería de Mercados, Comercio e Medio Rural.
Joaquín López Goce: Concellería de Pesca, Marisqueo e Actividades Marítimas.
David González Misa: Concellería de Tecnoloxías, Comunicación e Enerxía.
*Competencias que leverá directamente o alcalde, Jesús Vázquez Almuíña: Economía Azul, Traballo, Persoal, Seguridade Ciudadá e calquera outra que non figure expresamente.
Jesús Vázquez Almuíña, Alcalde de Baiona: “O noso goberno vai ser: O do diálogo; o da transparencia; o do traballo sen fin; o da responsabilidade; o da innovación; o de non deixar a ninguén atrás. Enmarcaremos todas as nosas accións dentro do Marco Estratéxico da Economía azul: non pode haber crecemento económico sen protección do noso medio ambiente nin do coidado das persoas”.
As 12 “BAIONAS “ SON O NOSO OBXECTIVO. BAIONA…
CONCELLO ABERTO
ECONOMÍA AZUL
INNOVADORA, CON INFRAESTRUTURAS E CONECTADA
CON MOVILIDAD SOSTIBLE E ACCESIBLE
MEDIO AMBIENTAL
SOCIAL E IGUALITARIA
MARIÑEIRA, NÁUTICA E AZUL
TURÍSTICA
CULTURAL
EDUCATIVA
DO BENESTAR E SEGURA
DEPORTIVA…
“E por iso: Abriremos o Concello á Cidadanía; desenvolveremos un urbanismo dirixido ás persoas; potenciaremos as actividades para todas as idades; facilitaremos a posta a disposición de máis vivendas para as familias novas (novas ou rehabilitadas); colaboraremos coa pesca e o marisqueo; apostaremos polo turismo sostible; poremos en valor o noso legado cultural, histórico e ambiental. Imos estar en contacto con todas as administracións: Xunta, Deputación e Goberno de España, presentando proxectos. Para iso necesítovos a todos e todas: A todos e todas os baioneses que queren que Baiona progrese. Ao Goberno e á oposición. Ao funcionariado, ao empresariado baionés…Ningún cambio profundo pódese facer sen a unión de todos e todas. Baiona sempre foi un referente nacional e internacional. E é a nosa obrigación darlle aos cidadáns e cidadás a maior calidade de vida posible”, finaliza o rexedor, Vázquez Almuíña.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal