Nun acto na alcaldía, o alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, deu a despedida ao Tenente Comandante do Posto Principal de Baiona-Nigrán, Marcos Lago, expresándolle o afecto do Concello e desexándolle todo o mellor nos vindieros anos e no seu novo destino na Unidade Orgánica de Policía Xudicial de Pontevedra.
Ante a partida de Marcos Lago o Alcalde expresou o seu máis profundo agradecemento, o do Concello de Baiona e a cidadanía por estes 4 anos de servizo na localidade, nos que sempre existiu un traballo coordinado co policial local e unha colaboración conxunta.
O rexedor agradeceu ao tenente comandante “a súa gran vocación de servizo á fronte do Posto e recoñeceulle o seu papel crave pola seguridade no municipio. Desde Baiona desexámoslle o mellor na súa nova responsabilidade”
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal