O A lcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, esixe á Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia a cobertura necesaria para dar servizo ao Centro de Saúde de Baiona e da PAC da Xunqueira que da servizo ao Val Miñor de face ao importante aumento de persoas usuarias que atraerá até estes servizos sanitarios a tempada estival.
O rexedor baionés, tamén á fronte da concellaría de turismo, fai esta reivindicación “tras realizar unha análise coas técnicas do departamento para coñecer as previsións de ocupación do municipio durante os meses de verán. As cifras arroxan unha ocupación do 95%”.
Así mesmo, Gómez mantivo conversacións con persoal do centro de saúde quen lle trasladaron que “Ante a previsión desta gran demanda dos servizos sanitarios, os profesionais ven inviable a atención a todas aquelas persoas que non residan no municipio”.
O Alcalde mostra a súa preocupación ante esta situación e esixe á Consellería “que asumá responsabilidade de “dar cobertura” a esta zona para atender a unha poboación que se multiplica no verán como consecuencia do turismo. Esta situación require dunha solución inminente”, sentenciou Gómez, que aproveitou ademais para reclamar un servizo de plena restitución dos servizos de atención primaria e de máis persoal e recursos para o centro de saúde baionés e para A Xunqueira.
Neste sentido Goméz detalla tres puntos fundamentais de reivindicación:” primeiro, a recuperación progresiva da atención presencial nos centros de saúde do conxunto da zona sanitaria, garantindo as medidas de prevención oportunas; segundo, que se poña a disposición dos centros de saúde os recursos humanos e técnicos necesarios para evitar a demora na atención telefónica das citas médicas; e terceiro, dotar aos centros do persoal e equipamento suficiente para atender as necesidades de cada municipio con arranxo á súa poboación e ante o aumento desta durante a época estival, incluída a substitución das baixas dos especialistas para non interromper a atención aos pacientes”.
O mandatario baionés conclúe expondo que “O gobierno local comparte la preocupación e o malestar existente por as deficiencias de funcionamento do Sergas e la negación de la Xuntad e la existencia de problemas en xeral , e más en concreto no centro des alude de Baiona e na propio PAC da Xunqueria, que son lvos casos conocidous directamente no Val Miñor e obxecto de reiteradas quejas e denuncias por parte de os usuarios e usuarias, profesionalles de lvos propios centros sanitarios”.
Realizado por: Marta González Pérez
Técnica de Comunicación
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal