
Unha nena procedente do Sahara visitou esta mañá o Concello de Baiona. A nena está a pasar uns días de vacacións durante os meses de xullo e agosto cunha familia de acollida do municipio.
O alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, xunto con parte do seu equipo de goberno conversaron con ela e a súa familia de acollida para coñecer as actividades e os lugares que visitou nestes días. A nena de 10 anos de idade é a primeira vez que visita España. Durante a recepción fíxoselle entrega dun pequeno obsequio para que poida levar de recordo ao seu país de orixe. A familia de acollida acudiu acompañada dunha representante de SOGAPS (Asociación Solidaridade Galega co Pobo Saharauí).
A estancia desta menor forma parte do programa “Vacacións en Paz”. A través deste programa desfrutan dunhas vacacións de verán cunha familia de acollida que lles permite, non só compartir experiencias e actividades, senón tamén realizar revisións médicas.
Concello de Baiona





