O Pleno da Corporación do Concello de Baiona aproba de forma inicial por maioría absoluta os orzamentos para o 2021 presentados polo equipo de goberno.
A aprobación das cantas municipais contou cos dez votos a favor do equipo de goberno. O pleno deu así o seu visto bo a un orzamento municipal de Baiona que se incrementa nun 10,72 % de 8,990,323,96 euros a 9,954,498,23 euros (964,174,27 euros), un teito que garante a prestación dos servizos, con eficiencia e eficacia, para os veciños e veciñas de Baiona, aumenta considerablemente a partida destinada a emerxencia social e que potencia os investimentos e actuacións no municipio.
Os orzamentos aprobados hoxe son, en palabras do rexedor municipal, Carlos Gómez Prado, ”realistas, adaptados á situación socioeconómica actual. Ante esta conxuntura, os orzamentos deste ano céntranse fundamentalmente na continuidade dos servizos prestados polo concello aos veciños e veciñas do municipio, cunha clara orientación ao gasto social”. O plan económico ten un marcado acento social onde se dobra en máis dun 100%, concretamente un 110%, a partida de emerxencia social respecto de 2016.”40.000 euros que se destinarán a veciños e veciñas con dificultades e sobre os que non se descarta unha ampliación do montante en función das circunstancias”.
Tamén destínanse 18,000 euros para afrontar gastos de adquisición dos libros de texto e material escolar, así como os gastos de transporte e de comedor.
No documento tamén resérvanse outra partida de 250.000 para os gastos de desinfección e limpeza dos colexios, 100.000 euros máis respecto de 2019. “Son dúas cuestións precisamente competencia da Xunta de Galicia pero que por responsabilidade asumimos desde o Concello, non contábamos con que nin sequera sufragasen o custo de limpeza extra dos colexios e vémonos no deber de aumentar esa partida”, destaca o rexedor Carlos Gómez Prado.
Outro apartado importante é o destinado ao apoio do consistorio ás asociacións culturas, sociais e deportivas do municipio. Un total de 100.00 euros destinaranse á firma de convenios co nutrido número deste tipo de entidades. Neste punto Gómez destaca que “Este equipo de goberno ten un gran compromiso coas distintas asociacións da nosa vila. Un forte compromiso de apoio ás actividades dos diferentes colectivos baioneses xa que o seu labor é fundamental no municipio para crear un tecido social que reforza a nosa localidade”.
O capítulo de investimentos ascende a un total de 928,789.58euros. O montante na súa gran maioría destínarase a obras e melloras nas distintas parroquias do municipio con cargo de case 600,000 euros ao Plan Concellos da Deputación de Pontevedra. Contémplase un plan de mellora de camiños municipais, melloras no alumado con cambios de luminarias por tecnoloxía led, proxectos de saneamentos, pavimentación de vías públicas ou rehabilitación do patrimonio. Pola súa banda, o alcalde, Carlos Gomez incide en “facer importantes inversións no rural é outra das grandes aposta deste equipo de goberno, de feito este ano, gran parte do Plan Concellos irá destinada á mellora das nosas parroquias”
No capítulo dedicado ao persoal municipal, recóllese o incremento das retribucións dos empregados públicos para 2021, que se elevarán un 0,09%, segundo a previsión anunciada polo Goberno de España. Unha subida que non se aplicará aos representantes políticos que forman parte do equipo de goberno municipal.
Realizado por: Marta González Pérez
Técnica de Comunicación
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal