A carpa instalada na praza do Concello de Baiona acollerá este sábado 18 de novembro a partir das 18:00h un magosto popular.
Todas aquelas persoas que se despracen ata o Casco Vello de Baiona poderán gozar de castañas gratis. Tamén se ofertará venda de bebidas e “Hot dogs”. Un evento que estará amenizado pola agrupación de música tradicional galega “Cantos de Taberna A de Sabas”.
Desde o Concello de Baiona anímase a toda a cidadanía a participar neste evento lúdico e a degustar das tradicionais castañas asadas típicas deste tempo.
A celebración deste magosto popular servirá como punto de reunión da veciñanza e posta en valor dunha dos costumes como é a festa tradicional do magosto. Esta celebración está organizada pola Concellería de Festexos do Concello de Baiona e conta coa colaboración da Asociación de Comerciantes e Empresarios de Baiona(ACEBA).
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal