O Concello de Baiona convoca unha concentración na praza do concello este lunes, 23 de xaneiro, ás 12:00h para reafirmar o seu rexeitamento ao parque eólico Torona proxectado na Serra da Groba.
Desde o Concello de Baiona convídase a participar a toda a cidadanía neste acto para mostrar así a súa desconformidade con este plan eólico, que conta co aval da Xunta, e que rexeita o alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, polo “enorme impacto que tería na nosa contorna de gran valor natural e patrimonial”.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal