Esta noite, a fachada do Concello de Baiona iluminarase de cor verde con motivo da conmemoración do Día Mundial do Alzheimer, efeméride instituida pola Organización Mundial da Saúde (OMS) e auspiciada por Alzheimer Disease Internacional (ADI) 1994. As luces verdes xa luciron na fachada a pasada noite.
Con este xesto o Concello de Baiona busca dar visibilidade e apoio sobre a situación de ao redor de 3,5 millóns de enfermos e familiares que conviven con esta enfermidade en España.
O pasado luns, 6 de setembro, comezou en Baiona o taller “Cultiva a Mente” , que se desenvolverá até finais de xuño do próximo ano. Este taller naceu da Concellaría de Servizos Sociais a través de diversas reunións entre o Alcalde, Carlos Gómez, e a Concelleira de Servizos Sociais, Conchy Vara, coa Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias dexenerativas “AFAGA”, en busca de dar prevención e asesoramento aos veciños e veciñas, maiores de 55 anos.
Esta segunda edición, iniciada o luns no Multiusos Ángel Bedriñana dividirase en dous grupos os luns en horario de 16:00h a 18:00h e de 18:00h a 20:00h. O taller está dirixido a maiores de 55 anos interesados no desenvolvemento activo e participativo, promovendo hábitos de vida saudables, mantendo un rol que facilita unhas mellores relacións sociais, a prevención da soidade, así como a independencia e a autonomía persoal. Desde a concellaría apostouse por dar este programa iniciado no ano 2019, cunha acollida elevada, consolidándose no 2020.
A Concellaría de Servizos Sociais informa de que prazo de inscrición dos programas que o Concello de Baiona en colaboración con AFAGA está a impartir no municipio permanece aberto até o 30 de setembro.
Desde o departamento infórmase de que se poderá participar en os talleres até límite de aforamento. As persoas interesadas deberán chamar ao teléfono 986 22 97 97 ou ao 986385926 en horario de 9h a 14h.
O pasado día 6 tamén se iniciou un novo curso do Programa de Estimulación Terapéutica para persoas con necesidades específicas do que se están beneficiando veciños e veciñas do municipio.
Os talleres do Programa de Estimulación Terapéutica para persoas con necesidades específicas diríxense a persoas co obxectivo de desenvolver a estimulación cognitiva e funcional, ao mesmo tempo que se proporciona apoio aos familiares coidadores.
Xa son moitos os veciños e veciñas do municipio que se beneficiaron o curso pasado e que este ano continúan coa experiencia, considerando que foi moi enriquecedora para eles.
Máis de corenta veciños e veciñas do municipio están a beneficiarse de ambos os programas.
O Alcalde do Baiona, Carlos Gómez Prado, destaca “o compromiso do Concelloe n proporcionar recursos á nosa poboación e dar continuidade a o programas, sendo unha resposta dos dereitos que a cidadanía demandaba. Desde que este goberno entrou no ano 2019, incorporou tanto programa sde prevención como de estimulación para todas as persoas que quixesen obter uns dereitos e beneficios que lle corresponden. Os mesmos son desenvolvidos pola asocicaición AFAGA, asociación á que estamos enormemente agradecidos polo seu labor e implicación. Desde o concello proporcionámoslles as instalacións e os medios necesario para desenvolver as actividades, consiguiendo un alto indice de participación e resultados beneficiosos para toda a cidadanía, familiares e veciños e veciñas da vila”.
Realizado por: Marta González Pérez
Técnica de Comunicación
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal