O Concello de Baiona informa de que xa están repartidas todas as invitacións ata completar o aforo do restaurante do encontro da terceira idade que terá lugar este xoves 13 de abril. Por este motivo, esta tarde, 11 de abril, non estará en funcionamento o servizo de reparto de invitacións no Concello de Baiona ao estar todas as acreditacións repartidas.
A entrega de invitacións realizouse ata completar o aforo do restaurante de 650 comensais.
O Concello de Baiona encóntrase inmerso nos preprarativos deste encontro. A xornada comezará ao mediodía cunha misa na Ex-Colexiata e, desde alí, as persoas participantes serán trasladadas en autobuses ata o restaurante Rocamar onde poderán gozar dun xantar de irmandade con baile.
O Alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, sinala que “desde o Concello de Baiona, iniciamos esta proposta, entendendo que os nosos veciños e veciñas que desfrutenn da xubilación deben ser recoñecidos como o piar onde nos sustentamos o resto da poboación e que grazas a todos e todas, podemos gozar da nosa vila. É por elo que teño o pracer de convidalos a este encontro para mostar o noso agrademeneto e que teñan a oportunidade de reencontrarse unha vez máis”. O rexidor finaliza destacando que “puxemos altas doses de ilusión e agarimo na súa organización nesta xornada de convivencia na que os nosos veceños e veciños máis maiores poderánse reencontrar tras estos duros anos de pandemia”.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal