O Concello de Baiona reactiva o proxecto de ampliación da senda fluvial do río Fraga, na parroquia de Baredo. As obras para amplialo comezaron en maio do ano pasado pero o goberno municipal viuse obrigado a paralas porque invadían propiedades privadas sen permiso. O Alcalde, Carlos Gómez Prado, e o Concelleiro de Vías e Obrás, Óscar Martínez, puxéronse en contacto cos veciños e veciñas das leiras lindeiras ao trazado para solicitarlles o permiso. Alcanzouse un acordo coa ducia de afectados para lograr a cesión dos terreos.
Tras realizar as xestións necesarias para sacar o proxecto adiante ao longo de todo este tempo, o proxecto sufriu unha pequena modificación no trazado polo que foi necesario solicitar unha nova autorización ao departamento de Augas de Galicia.
A empresa adxudicataria ha comezado as obras estes días. Trátase de ampliar a pasarela de madeira, de 1,50 metros de ancho, noutros 500 metros río arriba. Ademais de ofrecer un camiño polo que exercitarse e gozar da paisaxe natural.