O Concello de Baiona condena unha vez máis os actos vandálicos ocorridos durante a fin de semana no municipio contra o patrimonio moble. Trátase da décima vez no que vai de ano de desperfectos nos baños públicos da praia A Ladeira. Entre os danos atópanse: roubos das cerraduras das portas de entrada, tapas de urinarios, mecanismos das cisternas, maguitos, grifos, tiradores, roubo do armario da traballadora da limpeza así coma de todos os productos….pintadas nos lavabos, portas, paredes… e tamén destruccións nas portas interiores.
O Concello lembra que Baiona “é de todos e todas e pide que se coiden e respecten os espazos públicos e privados. Este tipo de incidentes, ademais de provocar estragos e sucidade nas infraestruturas, co seu consecuente custo económico, tamén provocan prexuízos aos baioneses e baionesas, xa que afectan directamente ás vías públicas que todos e todas disfrutamos”, destaca, Carlos Gómez Prado.
Gómez Prado considera que este tipo de actos vandálicos non teñen cabida nunha localidade como Baiona.
Os operarios municipais do Concello de Baiona procederon a pechar os baños públicos da praia A Ladeira durante o luns e o martes para reparar os numerosos desperfectos ocasionados durante a fin de semana. Tamén se realizaron as labores de limpeza pertinentes para por en funcionamiento os lavabos municipais.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal