O Concello de Baiona pon en marcha unha serie de actuacións en diferentes puntos da rede de auga potable do municipio que van encamiñadas a levar un control exhaustivo do consumo, así como unha localización de posibles fugas que poidan existir na devandita rede.
Uns traballos do Proxecto de Sectorización que levan a cabo a través de Gestagua, a operadora do Ciclo Integral de Auga no que corresponde ao abastecemento de auga potable e rede de sumidoiros do municipio, e con cargo ao concepto do canon municipal previsto na concesión do servizo.
Gestagua instalará diferentes contadores para controlar a entrada de auga en diferentes zonas da locaclidad. Tamén se intalarán na saída da potabilizadora de Baíña. Este investimento leva a cabo para controlar a auga que chega a cada barrio e os consumos da veciñanza e así saber se existen fugas. Todo iso, co obxectivo de mellorar a rede de auga potable e controlar as fugas, para reducir as perdas de auga.
Segundo destaca Óscar Martínez Álvarez, concelleiro de Urbanismo e de vías e obras “estas actuacións están encamiñadas a instalar contadores, os cales ofrecerán datos a preto do consumo en certos sectores do municipio. Con esta información poderanse determinar en que zonas se produce unha maior perdida de litros de auga.”
Estas perdas ás veces poden localizarse en puntos superficiais facilmente controlables e outras se poden atopar en zonas subterráneas menos perceptibles. Por iso a instalación destes contadores.
Pola súa banda o Alcalde, Carlos Gómez Prado, destaca que “Este investimento responde o plan do Concello para un mellor aproveitamento da auga. Unhas intervencións moi necesarias para mellorar a rede de auga do municipio que darán continuidade á mellora de infraestruturas e servizos básicos dos diferentes barrios e parroquias”. O rexedor lembra que a dotación destes servizos aos núcleos da localidade “foi, e segue sendo, unha das nosas prioridades”.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal