O salón de plenos do Concello de Baiona acolleu esta mañá a presentación de “Ritmos dá Hispanidade”, unha programación deseñada con motivo da celebración do día da Hispanidade. A Concellería de Cultura deu un paso máis na celebración desta efeméride e programou unha fin de semana chea de concertos dedicados a tres países iberoamericanos, Cuba, Brasil e Arxentina, que xogaron un papel fundamental na inmigración galega, enseñanado e divulgando toda a riqueza cultural destes países de acollida.
Os veciños e veciñas, así como aqueles que se acheguen a Baiona a gozar da ponte do día da Hispanidade, poderán gozar de tres días de actividades. Así o sábado ás 19:00 h, a sesión irá dedicada a Cuba baixo o título “ Cuba en mí. La Trova”. O grupo Sueño de Calíope será o encargado de poñer ritmo á tarde cun repertorio homenaxe a destacados compositores de canción tradicional e nuevísima canción cubana, desde Manuel Corona e Sindo Garay ata José Antonio Quesada e Silvio Rodríguez. O domingo será o día dedicado a Brasil; ritmos de bossa nova, samba, tropicalismo poderanse gozar ás 19:00 h da man do concerto de Chá, Cerveja e Violao. O propio 12 de outubro celebrarase ás 18:00 h o acto protocolario na praza do Concello para despois gozar do concerto de “Raíces Argentinas” facendo un percorrido musical pola terra da Prata que abarca desde o tango, a milonga e canción popular.
Durante a presentación na que participaron o Alcalde, Carlos Gómez Prado, e a Concelleira de Cultura, Miriam Mar Costas Iriarte, o rexedor baionés explicou “que esta programación está diseñeda para achega a celebración da hispanidade a toda a cidadanía”.
En concreto, detallou os cambios significativos no acto protocolario do día 12: “ Queremos dar un xiro de 360 graos aos eventos que organiza o concello polo que os deseñamos para o goce de todos os veciños e veciñas da vila. Para que todo o pobo participe deles. Por iso o día 12 organizamos un acto aberto no que toda a cuidadanía poida gozar. O obxectivo é gozar da Hispanidade todos xuntos. O Concello de Baiona leva celebrando o acto 19 anos e había que darlle unha volta para que todo o pobo puidese participar deste evento, sempre respectando o protocolo, a celebración do día da Hispanidade deixará de ser un acto encorsetado no que participan uns poucos para pasar a ser un acto para todos e todas”.
O acto de celebración do día da Hispanidade está subvencionado pola Deputación Provincial de Pontevedra. Este día leva celebrando na Vila desde fai dezanove anos , en colaboración coa institución provincial, debido á relación que Baiona ten con América e coa comunidade colombina, ademais do feito histórico de que Baiona foi o primeiro porto de Europa en ser conoceder do Descubrimento de América cando chegou ao seu porto a Carabela Pinta ao mando de Martín Alonso Pinzón.
Todo iso terán lugar no escenario na Praza do Concello, instalado baixo a carpa que se colocou para que o público poida gozar de maneira segura xa que se controlará o aforo e cumprirase con todas as medidas de seguridade.