Nos últimos días, o Concello de Baiona, a través da Concellaría de Medio Ambiente, iniciou unha acción especial de limpeza interior e exterior de colectores de residuos urbanos, así como da súa contorna máis próxima, nas estacións de colectores coas que conta o municipio.
Estas limpezas interiores e exteriores dos colectores realízanse de dúas formas distintas dependendo do tipo de colector. En canto á limpeza de colectores de cor verde, esta realízase cun camión especial no que se introduce o colector, previamente baleirado, ao que se aplica xabón e auga a elevada temperatura. Unha vez dentro do camión, o colector ábrese para que a limpeza póidase realizar por dentro e por fóra do mesmo. En canto aos de cor gris, a limpeza está a levarse a cabo cunha solución higienizante e odorizante a presión.
Esta iniciativa responde a unha necesidade de reforzo de limpeza dos colectores e as súas contornas pola suma dunha serie de circunstancias excepcionais e que van desde un maior uso cidadán (en ocasións indebido, ao deixar residuos nos exteriores que se converten en improvisados puntos limpos),así como as modificacións derivadas da crise do coronavirus.
O obxectivo é mellorar o aspecto que presentan os colectores e as súas contornas reforzando as limpezas e apelando á colaboración cidadá para un uso correcto, respectando os horarios de depósito, separando para a reciclaxe, etc. “, destaca o Alcalde, Carlos Gómez Prado.
Ademais continúase cos labores de desinfección con frecuencia diaria e nocturna dos parques infantiles e biosaudables , da contorna de centros educativos, así como nas zonas de maior afluencia de persoas do municipio. Estes baldeos veñen desenvolvendo desde o inicio da alarma sanitaria polo COVID 19.
Realizado por: Marta González Pérez
Técnica de Comunicación
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal