O Concello de Baiona informa de que o marcado de Sabarís seguirase celebrando coa redución do número de postos.
Así, a Concellería de Comercio e Mercado, á fronte de Víctor Muñoz, acordou estas medidas de prevención a semana pasada. Desde o pasado luns día 26 de outubro prodúcese a rotación entre feirantes cada luns. O próximo día 9 é a quenda dos postos con número impar, producíndose deste xeito a rotación cada luns ata próxima comunicación en función da evolución do COVID-19. Poderán acudir ao mercado todos os luns, independentemente do seu número, os posto de venda de produtos agroalimentarios como se recolle na normativa.
Con esta medida o Concello de Baiona cumpre coa normativa marcada pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, en virtude dos recolleito no Anexo I do Diario Oficial de Galicia,Núm. 223-Bis do Mércores, 4 de novembro de 2020.