O Multiusos Mercado de Sabarís acolleu a entrega de premios do I Concurso de Debuxo convocado pola Asociación de Veciños “Castro e Ladeira” que contou coa participación do alumnado do CEP Sabarís.
O Alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, foi o encargado xunto cos directivos da asociación de facer a entrega de premios ao estudiantado gañador. A elección dos premiados resultou difícil pois os traballos presentados prostraron un nivel extraordinario. Os pequenos e pequenas do CEP Sabarís gozaron dunha xornada moi especial.
Os debuxos galardoados foron seleccionados para formar parte do calendario do ano 2024 realizado pola Asociación de Veciños de Sabarís “Castro e Ladeira”.
No acto tamén participaron o Concelleiro de Cultura, Policarpo Vilar Misa, e a Concelleira de Política Social e Asociacionismo, Ana María Iglesias Rodríguez. O Tamén representantes da dirección do centro escolar e profesorado.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal