O Concello de Baiona decidiu modificar a súa tradicional cabalgata de Reis, que habitualmente percorría as súas rúas máis importantes o 5 de xaneiro, e deseñou unha versión de “cabalgata visitable e estática”, coas tres carrozas de Melchor, Gaspar e Baltasar que os veciños e veciñas poderán admirar desde certa distancia no parque de “A Palma”.
Esta é a aposta para evitar aglomeracións que deseñou a Concellería de Cultura que está a organizar un dispositivo especial para que a tarde do 5 de xaneiro colóquense as carrozas neste espazo seguro, “A Palma”, onde as persoas interesadas poidan visitalas entre as 17:00 e as 21:00 horas. Neste evento do Nadal os Reis Magos “estarán atentos e saudando a todas as persoas que pasen polo percorrido que estará controlado, marcado coas pautas de seguridade e tomaranse todas as medidas de seguridade pertinentes”.
Así mesmo, para garantir que ninguén quede sen ver aos Reis Magos e co fin de evitar aglomeracións o propio día 5 de xaneiro, un día antes, o 4 de xaneiro, a comitiva real desprazarase ata distintos puntos nas parroquias baionesas: “Desde o Concello de Baiona escribimos un email aos reis meigos de oriente para que fixesen un esforzo extra na nosa localidade e fagan un alto no camiño o luns día 4 para visitar aos nenos e nenas das nosas parroquias”, matiza a Concelleira de Cultura, Míriam Costas, encargada do departamento que deseñou toda a programación do Nadal de Baiona.
Na folla de roteiro das súas maxestades para este día figuran as seguintes visitas: Á parroquia de Baredo de 17:00 h-18:00 h( Cruceiro en barrio Cancelo), a Fontes- Baíña (concretamente á rotonda CEIP Fontes-Baíña) de 19:00-20:00 h, a Belesar, ( esplanada CEIP de Belesar), de 17:00 h-18:00 h e a Sabarís( na Praza Vitoria Cadaval) de 19:00 h-20:00 h.
As carrozas estarán en vos puntos fixos das parroquias. En cada carroza, unha plataforma de 9 m. estarán nos seus tronos os Reis Meigo para que os nenos poidan velos. Haberá 2 paxes acompañándoos.
En Sabarís cortarase a Avenida Julián Valverde entre o cruzamento de Vitoria Cadaval e Benito Fariñas desde as 18.30 ás 20.00 para que os nenos desde a praza poidan ver ás súas Maxestades os Reis Magos de Oriente.
En todos os puntos crearase un corredor para que os nenos e nenas poidan achegarse sen risco nin para eles nin para os Reis. Non se poderá subir a xunto das súas maxestades. Manteranse sempre todas as medidas de seguridade ditadas polo protocolo COVID.
En canto aos habituais caramelos, este ano non serán lanzados desde a cabalgata, senón que serán distribuídos polos paxes dos Reis Magos en bolsas individualizadas. Os paxes tamén serán os encargados de facer chegar á comitiva real as cartas de última hora daqueles nenos e nenas que queiran facerllas chegar ás súas maxestades de oriente.
“Unha comitiva estática e o público pasando ordenadamente e con distancias”, así será a cabalgata de Reis da vila mariñeira este ano. Rebelouno esta tarde o alcalde, Carlos Gómez Prado, “que a pesar da situación sanitaria non quere renunciar nin á Cabalgata de Reis nin aos festexos propios do Nadal”.
“Desde o Concello de Baiona mándase unha mensaxe de tranquilidade á cidadanía xa que se van a poñer as medidas de seguridade e preventivas necesarias, cumprindo a normativa marcada pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia. O obxectivo xeral é reducir ao máximo o risco de contaxio e transmisión da pandemia á vez que se goza da oferta cultural do Nadal”, matizou o rexedor.
O Alcalde e a Concelleira de Cultura quixeron agradecer o traballo realizado polo departamento de Cultura, encargado de deseñar toda a programación de nadal, e aos operarios do concello que “Fixeron un magnífico traballo de iluminación con respecto ás carrozas. Traballan a contrarreloxo para poder gozar dunhas carroza iluminadas con millóns de puntos led”.
Realizado por: Marta González Pérez
Técnica de Comunicación
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal