No pleno ordinario de hoxe do Concello de Baiona que corresponde ao mes xullo de 2023 levaron 22 puntos dos cales os máis importantes da orde do día foron:
Como punto número 1: A aprobación inicial da modificación do número 1 do Plan Xeral Urbanístico de Baiona. Esta modificación vén como consecuencia dunha sentenza xudicial do novembro de 2015 que obrigaba ao Concello a realizar as aliñacións adecuadas nos estudos de detalle de chan urbano. Ademais desta actualización de aliñacións, tamén se recolleron todas as modificacións do inventario de camiños que había ata a data e tamén se trata de regular a condición de terreos residuais das parcelas. Un dos puntos máis importantes dadas as características dos locais do Casco Lanuxe de Baiona, é aplicar unha excepcionalidade e conseguir que naqueles locais de menos de 50 metros cadrados non sexa obrigatorio ter tres baños independentes(homes, mulleres e persoas discapacitadas), senón que se poida facer soamente un coas condicións necesarias de accesibilidade.
Esta modificación puntual do número uno está pendente desde 2016 e diferentes avatares no Concello fixeron que a culminación desta modificación prolónguese no tempo ata hoxe que se viu materializada.
Outro dos puntos importantes tratados na sesión plenaria fai referencia á reclamación presentada en contra das distintas Distincións Honoríficas nomeadas hai escasos meses polo Concello de Baiona. Un total de 12 distincións que foron cuestionadas ao entenderse que o trámite administrativo non fora o correcto. Pois ben, un informe do secretario do Concello de Baiona fai mención a que a persoa que interpón tal reclamación carece de lexitimación para poñer o recurso.
Fóra da orde do día levaron á sesión plenaria do día de hoxe outros dous temas de relevancia: O primeiro deles, é o suplemento de crédito para dar cobertura a todas as facturas que a esta data xa están sen crédito. Co cal, a modificación por valor de 2.346.771 euros darán cobertura en parte ao que se debe neste momento e ao que habería que facer fronte desde hoxe ata final de ano.
“A necesidade de realizar esta modificación de crédito débese á falta de xestión por parte do anterior Equipo de Goberno. Entre os servizos onde se incrementan máis as partidas son: Iluminación pública 286.468 euros; servizos sociais 256.611 euros; vías e obras 264.614 euros; deportes 128.490 euros; turismo 91.149 euros … así ata superar a cifra dos máis de 2 millóns de euros anteriormente citados” destaca o Alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuíña.
Este punto contou cos votos a favor dos 11 concelleiros do Partido Popular e a abstención da oposición.
A este punto sumóuselle outro recoñecemento extraxudicial de facturas correspondente ao incremento das taxas do ORAL da Deputación de Pontevedra por maior recadación no ano 2022.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal