
A administración sanitaria sinala que as análises están dentro da normalidade tras solucionar o problema que deu lugar á vertedura.
A Xefatura Territorial do Departamento de Saúde remitiu un informe ao Concello de Baiona no que dá conta do “fin do episodio de contaminación microbiológica nas augas de baño do seu concello”. A administración sanitaria sinala que nas análises microbiológicos das mostras de augas de baño recollidas, segundo os informes do Laboratorio de Saúde Pública de Galicia, alcánzanse niveis aceptables.
Na noite do venres revisouse o colector e o bombeo do río Baíña detectando unha obstrución en ambos á altura de Santa Marta, quedando esta solucionada o resultado das analíticas é favorable, polo que a praia pode ser utilizada pola cidadanía con total normalidade.
Concello de Baiona





