
O Pleno aproba por unanimidade o proxecto da Travesía Interior de Sabarís (Fase II), cun investimento de 1,8 millóns de euros.
O Concello de Baiona deu un paso decisivo cara á transformación urbana da parroquia de Santa Cristina. A Corporación Municipal aprobou no Pleno ordinario celebrado este luns a Humanización da Travesía Interior de Sabarís (Fase II), unha actuación que supoñerá un investimento de 1.818.915,58 euros.
O ámbito de actuación comprende a contorna inmediata da Praza Victoria Cadaval e o tramo das rúas Julián Valverde e Porta do Sol, entre o cruzamento con José Pereira Troncoso e a glorieta do Xeneral Santos Peralba.
Por este motivo, o vindeiro martes día 17 de marzo ás 20:00H celébrase en Sabaris unha presentación do proxecto aos veciños e interesados que asistan á mesma. Nela, indicarase aos asistentes os pasos que seguirá a obra ata a súa finalización e resolveranse as dúbidas que se poidan presentar.
Estas reunións repetiranse en diferentes ocasións ata que termine a humanización da rúa, para que, en cada unha das súas fases, póidanse realizar achegas para que a finalización da reforma sexa o mellor posible para os veciños afectados pola mesma.
Este proxecto conta co respaldo total da Xunta de Galicia, que demostra a súa confianza en Baiona ao achegar o 100% do financiamento, reforzando así o compromiso coa modernización e rexeneración urbana do municipio, renovando con esta actuación, máis de 8.600 metros cadrados de espazo público.
Con esta mellora, o Concello de Baiona pon de manifesto a importancia das humanizacións e a recuperación do espazo para os veciños e visitantes nun ámbito urbanístico ordenado e mellorado para o goce das vías públicas da nosa Villa.
Concello de Baiona





