O Concello de Baiona convertirá a praza Victoria Cadaval de Sabarís no gran espazo de lecer da parroquia.
O proxecto cumpre varios obxectivos, recuperando o protagonismo para as persoas e, sobre todo, mellorando a mobilidade e a accesibilidade da praza.
A praza terá amplios espazos de descanso e paseo, zonas verdes, renovarase o alumeado con tecnoloxía LED e todos os servizos da zona.
O investimento nesta actuación será de 500.000euros. A actuación presentouse á convocatoria 2023 do PON (antiguo Reacpon) da Deputación de Pontevedra e xa superou a puntuación técnica requerida, polo que o concello está á espera da aprobación definitiva das obras do PON 2023.
“O proxecto cambiará por completo a praza, que necesita esta renovación integral para mellorar a súa accesibilidade”, explica o alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado.
“Desde o comezo do mandato prometimos lealdade con Sabarís e este proxecto é un claro exempo, a diferencia do PP e da Xunta de Galicia”, engade Gómez Prado.
Esta actuación supón un paso máis no novo modelo de vila posto en marcha neste mandato municipal, con máis espazos de preferencia peonil, mellor accesibilidade e seguridade viaria, cumprindo as directrices do novo Plan de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS)de Baiona.