
Os cambios entrarán en vigor este luns, 14 de setembro, e afectarán a varios tramos da Avenida Julián Valverde e a súa conexión coa Praza Victoria Cadaval
Con motivo das obras que se están levando a cabo para a humanización da travesía interior de Santa Cristina, a partir deste luns, 14 de setembro, introduciranse modificacións no sentido de circulación en diferentes puntos da zona.
En concreto, modificarase o sentido de circulación actualmente existente na Avenida Julián Valverde, na intersección con José Pereira Troncoso, á altura da cafetería Sabariz, en dirección á Praza Victoria Cadaval, que pasará contado cun único sentido de circulación.
Así mesmo, o tramo comprendido entre a Glorieta Xeral Santos Peralba (rotonda do avión) e Victoria Cadaval e Belesar pasará a dispoñer de dobre sentido de circulación.
Os puntos nos que se produzan os cambios de trazado estarán debidamente sinalizados mediante sinalización circunstancial, co obxectivo de facilitar a circulación e garantir a seguridade de condutores e peóns durante o desenvolvemento dos traballos.
Recoméndase aos usuarios da vía extremar a precaución, prestar atención á sinalización e adaptar a circulación ás novas condicións de tráfico mentres permanezan en execución as obras.
Desde o Concello de Baiona pedimos desculpas a condutores e usuarios da vía polas molestias que poidan ocasionar estes cambios e as propias obras de humanización xa que estes traballos son necesarios para mellorar e poñer en valor a contorna urbana de Santa Cristina, polo que se agradece de antemán a comprensión e colaboración da cidadanía durante o desenvolvemento das actuacións.
Concello de Baiona





