
A obra, que foi posible mediante a firma dun convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de Baiona, dará comezo este mes de agosto
O alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, xunto con membros do seu equipo de goberno, estiveron reunidos novamente os veciños da parroquia de Baredo no Centro Cultural da Cela, nesta ocasión, con motivo de informarlles do inicio das obras de ampliación do vial provincial EP-2203 Baredo-Baiona.
O proxecto, unha demanda que leva realizando desde hai moitos anos os veciños da parroquia baionesa de Baredo, e que contou con diferentes reunións informativas cos vecinos ao longo do proceso, achegando o seu punto de vista e posibles melloras, vai efectuar no tramo comprendido entre a ponte de Outeiro e a zona de Montealto.
A actuación permitirá mellorar a seguridade viaria ao longo duns 1.000 metros lineais, mellorando ademais os accesos aos distintos barrios de Río Pequeno, como Río, Torre e Agro, creando un itinerario máis seguro para as persoas que circulan diariamente.
Este proxecto contempla a ampliación dos carrís de circulación de vehiculos, a creación dunha senda peonil, a mellora do firme, a iluminación da vía e a recollida de pluviais nas súas marxes.
Crearanse dous pasos de peóns sobreelevados co fin de reducir a velocidade dos vehículos e permitir aos peóns o cruzamento da calzada de forma cómoda e segura. Tamén esta contemplada a colocación da correspondente sinalización vertical e horizontal.
Ademais, realizaranse obras de mellora na drenaxe, onde se recollerá a gran cantidade de auga de choiva nos meses de inverno proveniente do monte, e de parcelas privadas, que colapsan a cuneta da vía, e dispoñerase dunha cuneta remontable de seguridade que garantirá a condución das augas pluviais, aumentando o espazo peonil.
As obras darán comezo contorna á terceira semana de agosto e executaranse en tres tramos ben diferenciados:
– Un primeiro que irá desde a ponte en Outeiro ata a fonte, cun espazo de convivencia debido á imposibilidade de retranqueo polas vivendas executadas.
– Un segundo tramo urbano con retranqueos en ambos os lados do vial, seguindo as aliñacións establecidas polo Plan Xeral de Baiona (PXOM). Con dous carrís ben diferenciados (3+3m) e unha beirarrúa de ancho variable entre 1,8 e 2,5 metros de ancho.
– Un último tramo de executarase o retranqueo ao carón, concretamente o de abaixo. Este último tramo discorre na súa totalidade por chan rústico. Con dous carrís ben diferenzas de 3 metros cada un e unha beirarrúa 2,5 metros de ancho.
No ámbito desta mellora, tamén aumenta a seguridd vial, ” rectificando o radio da curva próxima ao vial de subida a Val do Martín que conecta co barrio de Fontes en Baíña.
O Alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, sinala que “se trata dunha demanda que levan reclamando os veciños de Baredo desde hai moitos anos”.
O rexedor, expresa ademais a súa satisfacción polas obras, xa que “é un proxecto moi necesario para mellorar a seguridade viaria (como por exemplo o transporte escolar que vai ao CEIP Fontes-Baíña) tanto das numerosas persoas que día a día transitan pola vía, como dos vehículos que fan uso de ela” e lembrou que esta actuación “trátase dun proxecto transformador que completa a arteria principal de tráfico de Baredo”
O Concello de Baiona reafirma o seu firme compromiso cos veciños de Baredo, traballando de xeito constante para atender as súas necesidades e seguir impulsando actuacións que contribúan a mellorar a súa calidade de vida.
A colaboración coa cidadanía e a escoita activa das súas demandas seguirán sendo piares fundamentais da acción municipal, co obxectivo de construír un Baredo máis coidado, accesible e con maiores oportunidades para todos.
Concello de Baiona





