
A aprobación da primeira Relación de Postos de Traballo(RPT) a finais do 2024 permite iniciar a maior reorganización da atención aos cidadáns no Concello de Baiona.
Os cambios empezarán a partir do día 30 de xuño e completaranse na primeira semana de xullo.
CREACIÓN DA OFICINA DE ATENCIÓN Á CIDADANÍA
A creación do Servizo de atención á cidadanía (OAC) permite agrupar ao persoal que dá apoio administrativo ás diferentes concellerías polo que se unifican as competencias de Rexistro, Padrón, Estatística e Atención á cidadanía e Policía Local nunha mesma oficina que estará situada na Planta baixa do Concello (Antiga oficina de Urbanismo) e entrarase a través do Hall.
OFICINA DE SERVIZOS SOCIAIS
Mantense a atención no mesmo lugar, con entrada a través do Hall do Concello e coa recepción no antigo Rexistro Municipal.
OFICINA DE URBANISMO
Trasládase a Oficina de Urbanismo ao edificio municipal situado en Ventura Misa 19, á beira do Museo da Navegación, que se manterá tamén como sede da Mancomunidade. Realizaranse alí mesmo todos os trámites necesarios do Departamento de Urbanismo do Concello de Baiona.
Concello de Baiona





