
A obra empezará o martes 24 de marzo e prevese a súa finalización en 10 meses.
Onte martes, día 17 de marzo de 2026 ás 20:00 h celebrouse a presentación do proxecto da humanización de Santa Cristina aos veciños no Multiusos de Sabarís.
Estiveron presentes a Delegada da Xunta, Ana Ortiz, o Director de Obra, Ángel Santorio, equipo de goberno, representantes da empresa COVSA e uns 110 veciños.
A presentación correu a cargo do alcalde, Jesús Vázquez Almuiña, participando tamén a Delegada da Xunta e do Director de Obra.
Finalmente, houbo unha quenda de suxestións e preguntas por parte dos veciños, foron unhas 20 intervencións aproximadamente que foron contestadas polo Director de obra, o propio alcalde e o concelleiro de Urbanismo, José Ángel Bahamonde, dando por finalizada a reunión sobre as 21:30H
Concello de Baiona





