O Concello de Baiona quere dar cabida ás opinións e achegas por parte dos veciños e veciñas de Baiona con respecto á restauración e posta en valor das as emblemáticas instalacións militares de Cabo Silleiro.
Trátase de conseguir un proxecto de recuperación participativo que permitan á cidadanía decidir en como se vai a habilitar o espazo e como vai ser o proxecto de reforma das instalacións que foron adquirido recentemente polo Concello de Baiona.
Por iso, este venres, 11 de xuño, e até o próximo 25 de xuño, habilitouse un espació na páxina web municipal,www.baiona.gal, https://www.baiona.gal/concurso-de-ideas-cabo-silleiro/, para que os baioneses e baionesas poidan realizar os seus aportaciones de ideas de maneira individual.
Neste apartado se puede suxerir todo o que os cidadáns e cidadás asociacións queiran transmitir ao goberno muncipal con respecto á rehabilitación das instalacións da bateria militar de Cabo Silleiro.
O goberno municipal estudará a súa viabilidade e valoraranse de cara ao concurso de ideas que levará acabo para seleccionar o mellor proxecto de restauración e posta en valor das emblemáticas instalacións. Unha vez transcorrido o prazo de quince días para que os veciños e veciñas acheguen as súas ideas, iniciarase, o máis axiña posible, os preparativos para o concurso de ideas que o rexedor prometeu para seleccionar un proxecto de reforma das instalacións para o cal se mantiveron reunións con representantes do colexio de arquitectos.
“Queremos que sexa un espazo para diferentes actividades, multiocio. E polo en valor desde o punto de vista paisaxístico, ambiental e histórico”, sinala o alcalde. “Temos que facer o mellor proxecto do mundo porque o sitio meréceo por iso queremos contar coas achegas que os veciños e veciñas de Baiona fágannos chegar. Queremos que o proxecto de rehabilitación sexa participativo e que se nutra das ideas da cidadanía. Entre todos e todas conseguiremos proxectar o maior potencial para este espazo e por iso o goberno local aposta por este chamamento á participación”, finaliza o rexedor.
O obxectivo último da iniciativa desenvolvida polo consistorio, coa que se busca dispor das opinións dos veciños e veciñas da Vila, é lograr un documento o máis consensuado posible para, a partir de aí, comezar a deseñar o proxecto de rehabilitación.
O prazo para realizar as suxestións estará aberto até o día 25 de xuño. Desde a Concello de Baiona anímase á cidadanía a que participen nesta iniciativa de participación cidadá. A través da web do Concello de Baiona, calquera persoa terá a opción de participar coa súa opinión, que se poderá realizar e a través da páxina do Concello (baiona.gal) seguindo o enlace do pop-up ao abrir a páxina.
Realizado por: Marta González Pérez
Técnica de Comunicación
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal