
Esta tarde celébrase unha reunión informativa ás 20:00H no Multiusos de Sabaris para a presentación da obra aos veciños da zona afectada e visitantes que necesiten información sobre a mesma.
Nela realizarase unha presentación da obra e as súas fases, seguido da parte de resolución de dúbidas que poidan ter os asistentes á mesma.
Estas reunións repetiranse mentres a reforma non quede realizada, para que o Concello poida presentar aos interesados calquera modificación ou resolver calquera dúbida que xurdise durante a realización da mesma.
Con estas reunións, a corporación municipal pretende unha participación activa dos veciños de Santa Cristina para que a obra continúe segundo o proxecto aprobado e finalícese de forma satisfactoria para todos.
Concello de Baiona





