A Concellería de Vías e Obras do Concello de Baiona levou a cabo traballos de mellora do firme no Puente sobre o Río de Baíña, no Camiño da Lavandeira, estrada de acceso ao encoro. Concretamente, hase asfalto toda a ponte dándolle caída á auga facía ao río. Con esta actuación púxose unha solución definitiva a unha problemática que a veciñanza viña padecendo desde hai anos.
“Con estes traballos mellorarase a seguridade viaria da zona. Unha intervención necesaria que tamén ten como finalidade facilitar a mobilidade, e dar resposta ás demandas veciñais”, sinala o rexedor, Carlos Gómez Prado, quen engade que” esta obra súmase a tantas outras que o noso goberno está a realizar nas parroquias, co fin de mellorar as condicións das mesmas”.
Realizado por: Marta González Pérez
Técnica de Comunicación
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal